|
Coa emoción propia de quen se interna por primeira vez nun mundo
apaixonante, escribo estas liñas, como quen escribe no aire, a xeito de
benvida a quen decidira asomarse á realidade de Galicia a través desta
fiestra electrónica.
É
a nosa unha pequena comunidade española, periférica e marítima, dique da
Europa atlántica, meta do Camiño de Santiago, que forxou a súa identidade
ó longo dos séculos sobre a base dunha lingua e unha cultura propias.
Somos os galegos un pobo que desbordou os seus límites nunha inxente
crecida humana que levou a galeguidade ata os máis arredados confíns do
planeta.
Somos un país orgulloso do propio, pero á vez aberto e
cosmopolita, que a través da historia fixo da tolerancia e o entendemento
pedras angulares da súa armazón
social.
A
Galicia de hoxe aposta, como sempre, por conserva-lo mellor da súas
tradicións, pero proxectándose decididamente cara á modernidade. Para iso
veu realizando nos últimos anos un considerable esforzo político,
económico e social, centrado na mellora e ampliación das súas
infraestructuras básicas, de maneira moi especial no eido das tecnoloxías
da comunicación, desde o convencemento de que constitúen o medio máis
eficaz para acadar un verdadeiro avance
social.
Queremos estar na avanzada da sociedade da información e cada día
damos un novo paso cara ese horizonte de futuro. A través das páxinas que
seguen, quen o desexe poderá ir tendo cumprida noticia diso, e ademais
poderá coñece-las iniciativas coas que entre todos, tanto desde o ámbito
público coma desde o privado, estamos a construír a Galicia do terceiro
milenio.

©
Xunta de Galicia Información mantida polo Gabinete de
Comunicación Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios
Informativos Correo electrónico: gabinete
xunta.es
|